Pazos de Borbén Informa
Remataremos as actividades do mes de decembro e deste ano 2022 o día 20 de decembro conmemorando a chegada do NADAL a Pazos de Borbén con O MAGO PACO que nos fará pasar unha estupenda mañá coa función “A MAXIA DO NADAL”.

"A MAXIA DO NADAL"
 é un espectáculo pensado para estas datas, para que grandes e pequenos pasen un rato agradable cos mellores trucos de maxia nunha función que se caracteriza por unha mestura de varias artes escénicas coa maxia, suma que lle achega dinamismo e fantasía encima do escenario.

Ademais primará tamén a fantasía e as gargalladas, e sobre todo a participación do público, transformando a función en algo irrepetible cheo de momentos únicos; e haberá moitas, moitas sorpresas.

Martes día 20 de Decembro a partir das 10:00 horas da mañá no Auditorio do Concello están convidados a asistir a este espectáculo máxico todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da ASOCIACIÓN ASPAVI.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986497273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura. 

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.



Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 12-Diciembre-2022 08:00