-
OBRADOIRO TÉCNICAS CASEIRAS DE CONSERVACIÓN DE ALIMENTOS2026-09-28 11:40:25Biblioteca
O Concello de Ourol, en colaboración con Terras do Miño, organiza un obradoiro práctico sobre técnicas caseiras de conservación de alimentos. Nel aprenderase a elaborar diferentes tipos de conserva e a aplicar métodos seguros de conservación.
Contidos (resumo):
- Conservas con azucre.
- Conservas agridoces.
- Verduras ao natural.
- Conservación por calor.
- Conservas de alimentos cociñados.
ℹ️ Datos clave
- Data: 8 de outubro
- Horario: de 16:00 h a 20:00 h
- Lugar: Edificio multiusos de Ourol
- Destinatarios: todas as persoas interesadas
- Prazas limitadas