• 2026-10-19 12:04:13
    Info General


    A Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios para cumprir coa Fase 1 do proceso de evolución tecnolóxica da TDT nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT. 

    As ditas actuacións realizaranse o próximo mércores 21 de outubro no centro de extensión de cobertura do sinal de TDT de Fabás. 

    Lembrámoslle que a actuación consiste en:
    •  Apagamento neste centro da frecuencia de emisión do múltiple RGE2 (La 1 UHD, Clan, DKiss), que se emite actualmente na canle 41, para evitar interferencias   

    Unha vez rematada a actuación, cando se inicie a Fase 1 con data prevista para o próximo 5 de novembro,  o centro de Fabás pasará a emitir as seguintes canles:
    • Canle 26        (MPE1): Squirrel, Squirrel 2, Dmax,  Veo7  
    • Canle 28        (MPE3): T5, Cuatro, FDF, Divinity, BeMad
    • Canle 29        (MUX AUTONÓMICO): TVG, G2, TVG UHD.          
    • Canle 32        (MPE2): A3, La Sexta, Neox, Nova, A3series
    • Canle 36        (MPE5): DKiss, Ten, Real Madrid TV, nova canle.
    • Canle 44        (MPE4): Boing, Energy, Mega, TreceTV     
    • Canle 47        (RGE1): TVE1, TVE2, 24h, Clan, TDP (Teledeporte).

    Os veciños que reciban deste centro deberán realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT. 

    De cara a facilitar a información aos veciños afectados, anexamos as entidades de poboación do seu concello que, segundo os nosos cálculos de cobertura, teñen a este centro de extensión de cobertura de TDT de Fabás como mellor servidor e que se beneficiarán deste cambio:

    No caso de dúbida, os veciños poderán confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura da TDT por vía telefónica 881 866 388 ou na web www.tdtgalicia.gal.