• 2026-01-29 13:49:25
    Información Xeral


    Este venres 30 de xaneiro ás 12.30 celebrarase a través da aula virtual de Consumo unha actividade na que daranse uns pequenos consellos para aprender sobre a GARANTÍAS DOS PRODUTOS E SERVIZOS. Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderase a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
    Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder este venres ás 12.30 na nosa web.

     Para participar:
    1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
    2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á dereita que pon AULA VIRTUAL
    3º.- Verás que estás na AULA VIRTUAL DE CONSUMO, preme na ligazón que pon "Venres de Consumo Responde". 
    4º.- Preme na ligazón que pon "Videoconferencia".
    5º.- OLLO! Se non ten Webex instalado, preme en "Únase desde el navegador"
    6º.- UNIRSE Á REUNIÓN

    Escola Galega do Consumo - Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.   15707 Santiago de Compostela

    Teléfono: 881 999 093- 881 999 075