• 2026-02-19 13:00:50
    Formación


    No DOG de hoxe veñense de publicar a convocatoria dos CURSOS BÁSICOS DE PROTECCIÓN CIVIL.

    Este ano a convocatoria dos cursos será anual. Asi no 1º semestre vanse levar a cabo cursos en:

    - BAÑOS DE MOLGAS e  PETIN

    INTERESADOS: As persoas interesadas deberán PREVIAMENTE darse de ALTA en SIPROC como CANDIDATOS. Unha vez feito "inscribiranse" na web da AGASP onde deberán darse de alta como usuarias. 

    PRAZO DE INSCRICIÓN: O prazo de inscrición para os cursos de 1º semestre será dende maña 20 de febreiro ata o 2 de marzo. No caso dos cursos que se vaian realizar no segundo semestre poderan inscribirse entre o 22 de xuño e o 21 de xullo.

    En caso de dúbidas poderán chamar a AGASP a través dos números 886 20 61 37, 886 20 61 38 886 20 6111 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal 
    LIGAZÓN CONVOCATORIA:  Cursos básicos:
    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260219/AnuncioO3C2-060226-0002_gl.html



    Adjuntos: