• 2026-03-05 10:11:13
    Información Xeral


    A Xunta de Galicia a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia adscrito á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con motivo do día internacional das persoas consumidoras, que se celebra o 15 de marzo, convídavos a participar nunha charla on line.

    A charla participativa sobre os Os nosos dereitos como persoas consumidoras, terá lugar o VENRES día 13 de MARZO ás 12:30 horas a través da nosa Aula Virtual.

    De querer participar, comunícao ao enderezo electrónico igc.escuela@xunta.es , posto a súa disposición, ademais do teléfono 881999091.

    Así mesmo, toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder o vindeiro venres 13 DE MARZO  ás 12.30 á nosa web.

    Para participar:

    1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl

    2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á dereita que pon AULA VIRTUAL

    3º.- Verás que estás na AULA VIRTUAL DE CONSUMO, preme na ligazón que pon  "VENRES DE CONSUMO RESPONDE". 

    4º.- Preme na ligazón que pon "Videoconferencia".

    5º.-OLLO! Se non ten Webex instalado, preme en "Únase desde el navegador"

    6º.- UNIRSE Á REUNIÓN

    Escola Galega do Consumo     Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.

    15707 Santiago de Compostela

    Teléfono: 881 999 093- 881 999 091