• 2026-10-07 14:18:23
    Información Xeral

    A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.


    Este venres 9 de outubro ás 12.30 horas celebrarase a través da aula virtual de Consumo unha actividade na que aprenderemos  sobre PRÁCTICAS AGRESIVAS NA VENDA EN LIÑA!. Faremos unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.


    Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
     
    Para participar:
    1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
    2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á dereita que pon AULA VIRTUAL
    3º.- Verás que estás na AULA VIRTUAL DE CONSUMO, preme na ligazón que pon VENRES DE CONSUMO RESPONDE". 
    4º.- Preme na ligazón que pon "Videoconferencia".
    5º.-OLLO! Se non ten Webex instalado, preme en "Únase desde el navegador"
    6º.- UNIRSE Á REUNIÓN
     
    Escola Galega do Consumo





    Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.

    15707 Santiago de Compostela

    Teléfonos: 881 999 091- 881 999 093