• 2024-09-17 10:28:37
    Avisos


    Que é?

    O Bono Concilia Familia é unha axuda económica que serve para atender as necesidades puntuais de conciliación que teñen as familias.

    Quen se pode beneficiar?

    Poderán beneficiarse as familias con nenos e nenas menores de 13 anos que teñan a súa residencia en Galicia e necesiten dun recurso para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigacións laborais e persoais e as responsabilidades familiares.

    Que supostos cobre?

    Períodos de vacacións escolares.
    Enfermidades do pequeno e imposibilidade de ser coidado polos membros da unidade familiar.
    Enfermidade do coidador habitual.
    Asistencia do coidador habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
    Situacións puntuais de carácter laboral que impidan a atención do neno ou a nena.
    Situacións puntuais de coidado a familiares ata o 2º grao de parentesco que impidan a atención do neno.

    Cuáles son los requisitos para solicitarlo?
    • Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
    • Ter unha filla ou fillo menor de 13 anos.

    Cuándo se puede solicitar?

    CONVOCATORIA 2024: O prazo de solicitude abrirase 18 de setembro e pecharase o 17 de outubro.

    Solicitude:

    https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=BS412A