-
Billetes dispoñibles para a excursión ás Illas Cíes2025-06-03 11:20:59Avisos
Informamos ás familias inscritas na excursión do vindeiro sábado 7 de xuño que os billetes de barco xa están dispoñibles na oficina da ANPA para ser recollidos.
📍 Podedes pasar a recollelos de 11:00 a 16:00h
‼ É moi importante que garden ben os billetes e non os extravíen, xa que son imprescindibles para embarcar o día da excursión e non se poden volver emitir.
Grazas pola vosa colaboración. Agardamos desfrutar xuntos dunha xornada inesquecible no paraíso natural das Cíes.