-
PROGRAMA DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA2025-04-08 11:15:52ASUNTOS SOCIAIS
A nova campaña de cribado de mama xa está en marcha no noso concello! Se recibiches a túa citación por SMS, non a ignores: a detección precoz pode salvar vidas.
As citacións e os resultados realizaranse mediante SMS.
Se precisas cambiar a túa cita, podes facelo a través da app SERGAS móbil ou chamando ao 981 141 414.
Para os desprazamentos, haberá autobuses gratuítos, podes consultar itinerarios, horarios e rutas no documento que se achega.