• 2020-05-08 15:02:11
    TABOLEIRO

    No concello de Aranga, por mor do Covid-19, aprazouse o pagamento do Imposto sobre Vehículos (IVTM) e a Deputación da Coruña, anunciou que o cobro voluntario comezou de novo o 4 de maio e rematará o 1 de setembro.
    Van recibir nas súas casas, por correo postal, o documento para o ingreso dos recibos. O dito ingreso poderano facer nunha oficina bancaria, nun caixeiro automático ou por internet. As entidades bancaria desde as que o poden facer son: Abanca, BBVA, Banco Popular/Banco Pastor, Banco Sabadell, Banco Santader e CAixabank.
    Os recibos domiciliados vanos cargar en conta o 31 de xullo.
    Para máis información preme no enlace
    https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/05/08/2020_0000002587.pdf