• 2020-10-15 15:07:54
    ASUNTOS SOCIAIS

    Dende o Concello de Aranga, imos facer unha campaña de visibilización da labor das mulleres veciñas do municipio, ó mesmo tempo que promover o rexeitamento total á violencia.
    Consistiría nunha especie de mural como o da imaxe con veciñas do Concello identificando a súa actividade máis relevante, acompañando lemas contra a violencia. Coa que se editaría material divulgativo (pósters, panfletos, etc….)

    Se tes a ben colaborar nesta proposta mándanos a apuntatearanga@gmail.com unha foto túa.

    A túa imaxe aparecerá entre moitas outras, por si che dá moita vergoña o protagonismo….

    Has de saber que o feito de enviarnos a imaxe dende a túa conta de correo , supón a aceptación da publicación da túa imaxe. A efectos de autorización do uso dos dereitos sobre ela únicamente para a campaña “Aranga NON Violencia”.




    Adjuntos: