• 2021-02-05 13:07:45
    Campañas comerciais

    Este San

    Valentín ASETEM lanza a campaña #NamorateEnMelide

    www.asetem.com





    Melide, 5 de febreiro de 2021. Este ano, dada a situación sanitaria pola que estamos

    atravesando, dende ASETEM-CCA imos desenvolver unha campaña de San Valentín

    para impulsar e promover o comercio local a través das redes sociais. A pesares

    dos peches perimetrais e das duras restricións que temos en toda Galicia, na

    Asociación de Empresarios da Terra Melide cremos que é imprescindible que tanto

    comerciantes como compradores non perdan nin a ilusión nin as ganas de

    namorarse.





    A

    campaña de San Valentín 2021 celebrarase entre o 5 e o 14 de febreiro e vai ter

    dúas grandes ramas: a dos comerciantes e a dos usuarios das redes sociais. Por

    unha banda, para impulsar e promocionar os produtos dos nosos comerciantes,

    estes mandarannos fotografías dos mellores agasallos, cos que contan na tenda,

    para San Valentín e dende o Instagram e o Facebook de ASETEM publicarémolas

    facendo un escaparate virtual dedicado a esta datas. Por outra banda, para

    intentar que a veciñanza non perda a ilusión e apoiar tamén o sector da

    hostalería, animaremos a través das nosas redes á que todas aquelas persoas que

    queiran suban as redes sociais unha imaxe celebrando o amor, xa ben sexa

    cociñando xuntos, mercando nos comercios da vila ou realizando algunha outra

    actividade. Estas fotos deben ir acompañadas co cancelo #NamorateEnMelide para

    poder participar e gañar unha cea romántica para dous, valorada en 100 euros,

    para gastar nun establecemento da hostalería asociado a ASETEM que son: Bodega

    Curros, Casa Alongos, Hotel Carlos 96, Jacarandá, Pazo de Eidián, Parrillada

    Rúa, Parrillada O Carburo, Parrillada Pilmar, Pulpería Ezequiel e O Tobo do

    Lobo. A publicación que teña máis “gústasme” no Facebook e no Instagram serán

    os gañadores ou gañadoras desta cea.





    En

    ASETEM-CCA non queremos deixar de apoiar e impulsar o comercio local de Melide

    e menos nestes momentos tan complicados. Ademais, debemos resaltar que o

    comercio é seguro, xa que se respectan todas as medidas de seguridade ante a

    COVID-19. Por todas estas razóns, este San Valentín #NamorateEnMelide.



    Adjuntos: