-
8 de xuño: Día do Comercio en Chantada2024-06-03 11:18:30Novidades
O Día do Comercio celebrarase en Chantada o sábado 8 de xuño desde as 10 da mañá ás 23 horas. Nese horario, todos os establecementos participantes estarán abertos, para facilitar as compras, e na rúa Xoán XXIII haberá unha exposición de vehículos de ocasión e tractores.
Na Avenida de Monforte haberá postos de asociacións, como AFA Chantada, para vender merchandising e informar sobre as súas actividades.
A Praza de Galicia acollerá a zona infantil e unha exposición de coches antigos, e a rúa do Comercio un mercadillo de artesanía. Na Praza de España estará a zona de alimentación do mercadillo.
Esta é a lista de horarios e localizacións de todas as actividades:
- De 10:30 a 11:30 horas: pasacalles con grupo de gaitas e baile tradicional polas rúas de Chantada.
- De 12 a 12:45 horas, na rúa Xoán XXIII, concerto de grupo de gaitas e baile tradicional.
- De 13 a 14 horas, na rúa Xoán XXIII, actuación do grupo folk Tirapralá.
- De 16 a 16:45 horas: pasacalles con batukada.
- De 17 a 20 horas, na Praza de Galicia, zona infantil con inchables e carriños de chuches.
- De 17 a 17:45 horas, na rúa Tras dúas Fornos, concerto de grupo de acordeóns.
- De 18 a 20 horas: pasacalle con grupo de gaitas.
- De 18 a 19 horas, na rúa do Comercio, actuación de Ensemble Saxos.
- De 18:15 a 20 horas, na Praza Buen Jesús, actuación de Combos Rock Escola.
- De 19:45 a 21:15 horas, na Praza de Galicia, concertos de música actual.
- De 21:30 a 23 horas, no Cantón, actuación de Nacaruh.