-
SEÑAL TDT2020-03-11 13:57:47Info General
Bos días. Para cumprir co proceso de liberación do segundo Dividendo Dixital, a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións que axuden aos concellos a realizar os cambios necesarios nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT. Informámoslle de que ditas actuacións realizaronse o martes 10 de marzo no centro de extensión de cobertura de Liñares e de Lebozán. Para poder seguir estas canles, os interesados deberán realizar unha busca das canles no receptor de TDT. Un saúdo.