-
Medidas preventivas contra o coronavirus2020-03-13 12:02:10Info General
Con motivo da situación actual de contención reforzada contra a transmisión do coronavirus (COVID-19) e seguindo as recomendacións establecidas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para evitar os contaxios: O Concello de Beariz cancela ata novo aviso todas as actividades culturais e deportivas dependentes desta corporación.
Asemade, a Biblioteca Pública Municipal, o ximnasio, os centros sociais e a Casa Niño permanecerán pechados ata o próximo 31 de marzo.
Prégase aos veciños que, cando sexa posible, utilicen a plataforma de administración electrónica para os trámites co concello e chamen por teléfono no canto de acudir ás oficinas municipais. O teléfono de contacto é o 988284000, o correo electrónico: alcaldia@beariz.org e a sede electrónica: https://beariz.sedelectronica.es/info.0
Un saúdo.