-
EXAMES UNIVERSITARIOS NA AULA CEMIT DE BEARIZ2020-06-10 09:44:54EducaciónEn base ao "Convenio de colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo e a Federación Galega de Municipios e Provincias, relativa á prestación da Rede CeMIT para facilitar a realización dos exames correspondentes ao curso universitario ”, a continuación móstrase un mapa dos centros CeMIT adxuntos que ofrecerán o servizo de conectividade para realizar exames para estudantes universitarios, entre os que se atopa a AULA CeMIT DE BEARIZ. Os estudantes universitarios que queiran utilizar este servizo terán que rexistrarse como usuario da Rede CeMIT e seguir o Protocolo para realizar exames universitarios na rede CeMIT.
No seguinte enlace atopase toda a información para darse de alta no servizo.
https://cemit.xunta.gal/es/node/7856