• 2022-03-25 12:40:54
    Info General


    Dende o Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, informamos da posta en marcha  da cuarta edición dos talleres de estimulación cognitiva denominados Entrenando as cabeciñas, dada a acollida e o éxito que tiveron durante as últimas edicións e tras o parón obrigado pola pandemia da COVID-19.


    ENTRENANDO AS CABECIÑAS consiste nunha programación de talleres de estimulación cognitiva xeral destinados a persoas maiores de 50 anos, e que se iniciará a semana posterior a Semana Santa (18.04.2022).
    Poden anotarse nas oficinas do Concello de Beariz ou chamando ao 988284000 ata o día 8 de abril de 2022. Animate a participar.



    Adjuntos: