• 2024-01-11 18:28:10
    Info General


    ℹ️No día de onte o Concello anuncia o levantamento da restrición do consumo de auga, xa que, as últimas analíticas son aptas para consumo.

    👉 As mostras tómanse continuamente todas as semanas e analízanse.

    👉O Concello de Cariño segue as pautas que marca Sanidade en tempo e forma ; se Sanidade asegúranos que é apta para consumo e levantemos a restrición, así o faremos ;no momento que se indique o contrario, activaremos a restrición coma o primeiro día que os resultados marcaron a non potabilidade.

    👉As obras para o saneamento e reparación do sistema de filtrado comezan este mes e, aínda que coas devanditas obras xa nos aseguran que o problema quedase resolto na súa totalidade, segue sendo necesario no futuro facer un mantemento adecuado e a fondo de forma continuada.👇

    👉Ademais das mesmas, estamos a buscar unha solución que ataque de raíz o problema de forma definitiva por
    técnicos expertos na materia.Entre tanto nos manteremos con analíticas constantes coma se leva facendo dende o primeiro día.

    👉O primeiro é a saúde dos nosos veciñ@s e con iso non imos xogar nin moitísimo menos.O Concello réxese , coma non pode ser doutra forma, polo máximo organismo ao que lle competen estas decisións e rexistros, que non é outro que a Conselleria de sanidade.
    Niso estamos, no caso de que os valores indiquen non apta retomaremos de novo o prótocolo.Namentres, prescindirase do camión cisterna .

    👉Agradecemos aos veciñ@s a comprensión entendendo que esta situación xere dúbidas e incertidunbre.Seguimos traballando.








    https://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/concello-carino-levanta-despues-meses-restricciones-consumo-agua-4676524