• 2024-05-28 11:40:15
    Cultura y ocio

    O xoves 30 no Auditorio Municipal as 17.30 concierto a cargo de Roger Arias e Bernard Taylor.
    "Conexión Atlántica; de Escocia a Galicia" é un espectáculo do trobador pop Roger de Flor xunto ao violinista escocés Bernard Taylor, no que música e poesía danse a man a través de ritmos tan diversos coma o folk-rock galaico, o folk escocés, o pop ou o swing, e onde a química existente entre estes dous músicos singulares confirma que a conexión entre estas dúas nacións celtas ven de antigo.O Concierto é unha actividade de "Ler conta moito" que é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais. 
    A entrada é gratuíta e para todos os públicos, pero terán preferencia os usuarios dos talleres de "envellecemento activo" do Local social de Cariño e a Pedra.




    Adjuntos: