• 2025-05-27 14:05:33
    Deportes

    Esta semana finalizan as escolas deportivas e culturais, os cursos de natación e aquagym.
    Desde o servizo deportes, queremos agradecer a vosa participación e a dos vosos fillos/as nestas actividades, e pronto sacaremos unha nova oferta de actividades para o verán.
    Ademais, para o peche das escolas e cursos de natación, imos celebrar un fin de festa no que os nenos e nenas realizarán xogos tradicionais, populares, etc. Este fin de festa realizarase en xuño e informaremos da data e hora a través desta aplicación.
    Un saúdo.