-
Escolas deportivas e obradoiros culturais: Verán 2025.2025-06-10 13:39:08Deportes
As escolas deportivas para este verán comezan o 1 de xullo e rematan o 29 de agosto, agás balonmán que comeza o 8 de xullo, e desenvólvense nas pistas exteriores do IES Cabo Ortegal. Informarase máis adiante onde se desenvolven os obradoiros culturais.
O prazo de preinscrición é ata o mércores 18 de xuño as 14:00 horas, e realízase a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/CfCPjJNLgkaS5gCx9
A cota de inscrición e de 8 € por escola deportiva e de 6 € por obradoiro cultural. O pago non se fai mentres o servizo de deportes non confirme as prazas a través do bandomóbil.
Para realizar o pago da escola vostede recibirá unha carta de pago no seu domicilio, e con esa carta debe realizar o pago nunha entidade bancaria.
A continuación, achéganse os horarios onde aparecen os días e as horas de cada unha das escolas, e o ano de nacemento dos participantes. Os horarios e as escolas non son definitivos e poden modificarse.
Máis información na casa do concello (Servizo de deportes) ou no teléfono 981405064.