-
INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA2025-06-10 14:35:08Info General
En cumprimento do Plan galego de estatística 2022-2026 (Lei 16/2021, do 20 de decembro,
DOG no 249 do 29 de decembro de 2021) este Instituto está a realizar a operación estatística
“Enquisa estrutural a fogares”. A enquisa diríxese a 9.216 vivendas repartidas por todo o
territorio galego.
Informamos de que no deseño mostral da enquisa figuran vivendas pertencentes ao noso concello, as cales serán visitadas entre o 23 de xuño e o
13 de xullo (período de enquisación da enquisa nese concello) por persoal enquisador
debidamente acreditado para cubrir un cuestionario estatístico.
Esta operación é unha investigación de carácter oficial cuxo obxectivo principal é reflectir as
condicións de vida das familias galegas en relación con diversas variables de interese como
nivel de estudos, ingresos e gastos do fogar e dos seus membros etc.
As vivendas seleccionadas recibirán unha carta remitida polo Instituto Galego de Estatística na
que se lles informa do obxectivo da enquisa, dos medios facilitados para contestala (internet,
teléfono gratuíto ou poñéndose persoal enquisador en contacto co fogar), da obriga de
facilitar eses datos, tal e como indica o artigo 23 da Lei 6/2024, do 27 de decembro, de
estatística de Galicia, e de que a información proporcionada é estritamente confidencial e
está protexida polo segredo estatístico, segundo establecen os artigos 29-32 da citada Lei.
ANTE CALQUERA DÚBIDA : teléfono gratuíto 900 102 104 en horario de 9:00 a 14:00