-
I tríatlon de menores Concello de Cariño2025-06-19 12:42:46Deportes
O sábado 28 de xuño de 2025 a partir das 15:00 horas celébrase o "I tríatlon de menores concello de Cariño 2025", organizado conxuntamente polo Club natación Cedeira, a FEGATRI, a A.V. Concello de Cariño e o Concello de Cariño.
Para participar nesta proba e necesario SABER NADAR BEN, e hai:
- Un acuatlón non competitivo (natación carreira a pé) para nenos e nenas nados en 2018- 2019.
- 3 categorías de tríatlon (natación ciclismo carreira a pé): benxamín, alevín e infantil para nenos e nenas nados entre 2017 e 2012 (ambos inclusive).
A inscrición realízase de forma online na seguinte ligazón: https://www.rockthesport.com/es/evento/triatlon-de-menores-concello-carino-2025 ou na web da FEGATRI, onde tamén se pode consultar o regulamento da proba e o seguro deportivo.
A saída da proba é desde a praia da Basteira, a transición para a proba de ciclismo é no paseo marítimo, enfronte da casa da cultura. A proba de ciclismo percorre parte do carril bici do paseo marítimo, a rúa Río Sil, Avenida da Paz, rúa Cabo Ortegal e Urbanización das casas dos mariñeiros. E por último, a proba de carreira a pé realízase por paseo marítimo coa chegada preto da praza do paseo marítimo.
Aquelas persoas que queiran colaborar coa organización do tríatlon poden poñerse en contacto co servizo de deportes do concello de Cariño (981405064) ou coa Asociación de veciños concello de Cariño.
Queremos pedir a todos os veciños a súa colaboración para facilitar o desenvolvemento do tríatlon, e que o sábado 28 de xuño desde as 9:00 horas, que comeza a montaxe da proba, ata a finalización do tríatlon (ao redor das 18:30 horas) eviten aparcar os seus vehículos nas seguintes zonas: Avenida da paz, Rúa Río Sil , Rúa Cabo Ortegal, Urbanización das casas dos mariñeiros e aparcadoiro da casa da cultura.
O circuíto do tríatlon estará pechado ao tráfico e non se poderá acceder a ningunha das rúas mencionadas anteriormente, nin saír/entrar desde ningún garaxe que dea a esas rúas por seguridade dos menores participantes.
Se algún vehículo queda estacionado nalgunha das rúas polas que discorre o tríatlón, non poderá moverse ata que finalice a proba e ábranse ao tráfico as rúas e zonas mencionadas anteriormente.
Moitas grazas pola súa comprensión.