• 2025-06-24 09:50:11
    Deportes

    O sábado 12 de xullo de 2025 celebrase no paseo marítimo (cobertizo) o II torneo de Xadrez de Cariño. Este torneo organízao o CIDU (centro de innovación universitaria)  e o INCUDE ( iniciativas culturais e deportivas universitarias) e colabora o servizo de deportes do concello de Cariño.
    A inscrición e de balde no seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdhsjjmkLZRRrOSIDa0ugIqCT7X3tGo_Rg_pScSN9SVwm6vVQ/viewform

    HORARIO:De 15,00 a 17,00 resolveremos as dúbidas sobre o xadrez e a competición a tódolos interesados e ensinaremos os movementos básicos do noso xogo.

    A presentación dos xogadores inscritos e inscricións tardías serán de 16,30 ata 16,50
    1ª Rolda: 17,00
    2ª Rolda: 17,30
    3ª Rolda: 18,00
    4ª Rolda: 18,30
    5ª Rolda: 19,00
    Entrega de trofeos estimada: 19,30 a 20,00.

    SISTEMA DE XOGO E RITMO:

    Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
    O ritmo será de 15' 3''

    XOGADORES E CATEGORÍAS:
    Poderá participar calquera interesado. 
    Os participantes da actividade xogarán nas seguintes categorías dacordo a súa idade:

    Sub8 ou Prebenxamin. Nados en 2017 ou seguintes.
    Sub10 ou Benxamin. Nados en 2015 e 2016.
    Sub12 ou Alevín. Nados en 2013 e 2014.
    Sub14 ou Infantil. Nados en 2012 e 2011.
    Absoluta. Nados en 2010 ou anteriores.
    Pódese consultar máis información sobre o torneo na seguinte ligazón: https://www.xadrezdonorte.org/2025/06/ii-torneo-en-carino.html





    Adjuntos: