-
Romeria San Xiao2026-01-28 11:50:44Info GeneralComo xa fixemos saber no anterior comunicado, e estando á espera da evolución das condicións meteorolóxicas e das distintas alertas, despois de varios contactos ao longo da semana con MeteoGalicia e, por último, tras a actualización realizada no día de hoxe, indícase unha mellora nas condicións meteorolóxicas previstas para o vindeiro sábado, 31, o que permitirá levar a cabo a programación prevista da Romaría de San Xiao.