-
Xornada no parque de Calistenia2026-03-16 14:13:10Deportes
O sábado 28 de marzo de 2026, de 11:00 a 13:00 horas, realizaremos unha actividade no parque de calistenia, na que un monitor explicará que é a calistenia, que beneficios se obteñen, como e para que se empregan os distintos aparellos e practicaremos exercicios con diferentes dificultades.
Esta actividade é para nenas e nenos a partir dos 8 anos e tamén para adultos.
Non é necesaria a inscrición.
Esperámoste.