• 2026-07-02 09:48:11
    Deportes

    O sabado 8 de de agosto de 2026, a partir das 10:00 horas, celebrase a XVI carreira popular: Concello de Cariño. Neste bando anexase o cartaz da proba e o regulamento.

    Esta carreira organízaa o servizo de deportes do Concello de Cariño e conta coa colaboración de Eroski City ( Cariño), Arthros fisioterapia (Cariño) e a Deputación da Coruña.

    A saída e a chegada atópanse no paseo marítimo, a altura da casa do concello. Empézase polas categorías senior e veteráns, que sairán as 10:00 h., e a partir das 11:00 h., aproximadamente, sairán as categorias dos menores de idade.

    A inscrición é de balde, está aberta ata o luns 3 de agosto e realízase na web: cronotec.es ou na seguinte ligazón:https://cronotec.es/carino26.html , onde tamén se pode consultar: as distancias a percorrer, o cartaz da proba e o regulamento. Non se permite a inscrición fora do prazo marcado, nin o día da carreira.

    Os dorsais poden retirarse o venres 7 de agosto, de 12:00 a 13:30 horas, no servizo de deportes (casa do concello), ou o día da proba de 9:20 a 9:50 horas, no vestíbulo do concello.

    Desde o servizo de deportes queremos pedir aos cidadáns, que durante a proba non se transite polo paseo marítimo, para favorecer o desarrollo da mesma.

    Por último, aquelas persoas interesadas en colaborar na organización da XV Carreira popular: Concello de Cariño, poden enviar un correo electrónico a: davidfernandez@concellodecarino.gal no que inclúan: nome, apelidos e teléfono de contacto, e a primeira semana de agosto contacteremos con eles para organizar as tarefas a realizar.

    Esperámosvos o sábado 8 de agosto!!!.