• 2026-08-29 20:30:00
    Cultura y ocio

    Mañá, domingo ás 13:00 h, temos unha cita moi especial.

    Convidamos a todos os veciños e veciñas a vivir xuntos un día moi especial e emotivo, no que celebraremos a nosa historia, a nosa cultura e, sobre todo, a nosa xente, reflectidas nunha obra espectacular
    .

    Despois de moito tempo de traballo e ilusión, e de mirar o ceo para o seu remate mañá, chega o momento de inaugurar o mural "A nosa xentiña, hoxe e sempre", unha obra de Wedo Goás que reflicte o noso sentimento de agradecemento e rende homenaxe á nosa historia, á nosa cultura e, sobre todo, á nosa xente.



    Un mural no que están presentes o noso mar, o noso Cabo Ortegal, a nosa Danza de Arcos, as nosas tradicións e, sobre todo, as nosas xentes: homes e mulleres que, co seu traballo, esforzo e sacrificio, construíron un legado de identidade e orgullo de ser de Cariño.



    Durante a inauguración contaremos coa participación da Danza de Arcos, a Rondalla de Cariño, a Banda de Gaitas do Ortegal, a Banda de Gaitas San Xiao do Trebo e a Coral Polifónica de Cariño, que poñerán música, tradición e emoción a este día tan especial, xa que son, sen dúbida, parte esencial dese legado e dese orgullo que queremos manter vivo e transmitir ás vindeiras xeracións.



    Agardámosvos a todas e todos para vivir xuntos este momento tan especial e emotivo para Cariño.



    Un día para celebrar a nosa historia, a nosa cultura e, sobre todo, a nosa xente.



    Porque este mural é de todos.

    Porque esta é a nosa historia.

    Porque somos a nosa xentiña, hoxe e sempre.

    Viva Cariño!