-
MERCANAVILA 20262026-10-07 09:31:27Noticias
𝗠𝗘𝗥𝗖𝗔𝗡𝗔𝗩𝗜𝗟𝗔 𝟮𝟬𝟮𝟲 | 𝗕𝗢𝗡𝗢𝗦 𝗣𝗔𝗥𝗔 𝗔𝗣𝗢𝗜𝗔𝗥 𝗢 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗥𝗖𝗜𝗢 𝗟𝗢𝗖𝗔𝗟
A Deputación da Coruña pon en marcha unha nova edición de 𝗠𝗲𝗿𝗰𝗮𝗡𝗮𝗩𝗶𝗹𝗮, o programa de apoio ao comercio local dos concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes, no que participa o Concello de Cariño.
As persoas maiores de 18 anos, independentemente do seu lugar de residencia, poderán beneficiarse de ata 𝟭𝟬𝟬 € en descontos para realizar as súas compras nos establecementos de Cariño adheridos ao programa.
𝗖𝗼𝗺𝗼 𝗳𝘂𝗻𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗻 𝗼𝘀 𝗱𝗲𝘀𝗰𝗼𝗻𝘁𝗼𝘀?
10 € de desconto en compras de 20 € ou máis e inferiores a 30 €.
20 € de desconto en compras de 30 € ou máis e inferiores a 50 €.
30 € de desconto en compras de 50 € ou máis.
Os descontos iranse descontando do bono ata acadar un máximo de 100 € por persoa.
𝗗𝗮𝘁𝗮𝘀 𝗶𝗺𝗽𝗼𝗿𝘁𝗮𝗻𝘁𝗲𝘀:
Do 6 ao 20 de outubro ás 9:00 h: prazo para a adhesión dos establecementos.
Do 20 de outubro ao 20 de novembro: descarga e utilización dos bonos, ou ata o esgotamento dos fondos.
Toda a información, así como a adhesión dos comercios e a descarga dos bonos, está dispoñible en:
https://mercanavila.gal
Desde o Concello de Cariño animamos á veciñanza e ás persoas que nos visitan a aproveitar esta iniciativa e apostar polo 𝗰𝗼𝗺𝗲𝗿𝗰𝗶𝗼 𝗱𝗲 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗶𝗺𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲, contribuíndo así a dinamizar a actividade económica local.