• 2026-10-15 10:00:00
    Info General


    ♻️ O CONCELLO DE CARIÑO REFORZA A SÚA APOSTA POLA COMPOSTAXE DOMÉSTICA COA ENTREGA DE COMPOSTEIROS Á VECIÑANZA

    O Concello de Cariño pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica, coa que se entregarán 30 composteiros gratuítos nunha primeira fase a vivendas unifamiliares do municipio.

    Trátase dunha iniciativa destinada a mellorar a xestión dos residuos orgánicos e fomentar prácticas máis sostibles nos fogares, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027.

     QUEN PODE SOLICITALO?

    Poderá acceder a un composteiro a veciñanza que cumpra os seguintes requisitos:

    • Residir nunha vivenda unifamiliar con parcela ou horta de, como mínimo, 25 m².

    • Asistir á charla informativa, requisito obrigatorio para obter o composteiro.

    - COMO SOLICITALO?

    - Dende hoxe, xoves 15, as persoas interesadas deberán chamar ao Concello de Cariño, no teléfono 981 405 064, para inscribirse.

    - CHARLA INFORMATIVA
    - Local social 
    -️ Venres,23 de outubro
    - 19:30 h

    Entregarase un único composteiro por vivenda e as 30 prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.

     



    Adjuntos: