-
XVII VOLTA CICLISTA Á CORUÑA - 3ª ETAPA: CARIÑO - CARIÑO - ACTIVIDADE DE PROMOCIÓN2018-05-29 11:23:21Cultura y ocio
Domingo 3 de xuño, dende ás 10 horas. Lugar de saída - meta: Avda. da Paz (Paseo marítimo).
A XVII Volta Ciclista á Provincia, a celebrar dende o 1 ao 3 de xuño, terá en Cariño o inicio e a final da última das etapas. Participarán máis de 100 ciclistas das categorías élite e sub-23, correspondentes a 17 equipos de Asturias, Canarias, Madrid, Extremadura, Cantabria, Castela León, Galicia e Portugal.
Logo da saída, o Clube Ciclista Cambre - Caeiro en colaboración co Clube Ciclista Cariño organizan unha xornada de promoción do ciclismo, convidando a todos os nenos e nenas a probalo deporte da bicicleta. Poden participar na mesma os nenos e nenas ata 12 anos, que correrán e farán "Ginkanas" no mesmo lugar da chegada da etapa da volta.
Poden inscribirse no lugar de saida de cada etapa ata media hora antes. Cada participante deberá leva-la súa bicicleta e casco protector (imprescindible).
Estarán cubertos por un seguro de accidentes e contarán con asistencia sanitaria. Entregarase unha camiseta e unha medalla conmemorativa a cada participante e entrarán no sorteo dunha bicicleta.
https://www.voltacoruna.com/