• 2018-07-09 19:04:45
    Cultura y ocio

    A partir de mañá, día 10 e ata o 26 de xullo, no Local Social da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2). De 10 a 13 e de 16 a 20.30 horas. Entrada gratuita.

    Juanlu Nacha (Ferrol 1973) é un deseñador gráfico que nos mostrará a súa faceta de ilustrador a través dunha mostra de láminas feitas cunha técnica que alguén definiu como "artembarullada". Nelas deixa agromar os seus sentimentos enredados, dando aloumiños de cor a elementos cotiás propios e recoñecibles.

    Son obras cheas de cor, trazos e inxenio que plasman a súa evolución como interprete do folclore e costumismo galego, petiscos da terra, lambetadas misturadas con arrecendo a Luís Davila, a Fernández Coca ou Mariscal.




    Adjuntos: