-
REDRUM TEATRO: "ESTÁS AÍ?"2018-10-23 18:00:02Cultura y ocio
Domingo 28 de outubro. 19.30 horas. Auditorio Municipal. Entrada gratuíta.
Para todos os públicos a partir de 6 anos.
Autor: Javier Daulte
Director: Álex Sampayo
Elenco: Xúlio Abonjo e Isabel Risco
Duración: 90 minutos
Unha parella acaba de mudarse coa idea de comezar a vivir xuntos. O apartamento é pequeno e incómodo, reina o caos, as caixas de mudanza abarrotan o lugar, hai problemas coa calefacción e cos veciños do andar de abaixo. Pero isto é nada comparado co que atopan no que eles supoñen o seu novo fogar: a vivenda conta coa presenza dun home invisible. Ainda por riba, este, algo intratable polo seu carácter, non acepta de moi boa maneira a chegada da nova parella.