• 2018-11-29 11:00:02
    Cultura y ocio

    En colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Sábado 1 de decembro de 2018, a partir das 18 horas. Auditorio Municipal. Entrada gratuita.

    Ficha artística:

    Elenco: Marta Ortiz e Brais das Hortas
    Modalidade artística: Narración oral, música ao vivo
    Público infantil e familiar
    Idioma: Galego
    Duración: 60 minutos

    Sinopse:

    Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezó e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba: Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.

    Ao longo do espectáculo, Wamba contaralle a Antía catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, de valorar o importante, de rir, de mirar con esperanza ao futuro… contos para bailar e cantar, para xogar, pero tamén para sentir e pensar.

    Todo fiado coa voz de Wamba e un refrán de súa avoa: o río énchese de regatos pequenos.




    Adjuntos: