-
II NORTHWEST EXPERIENCE2019-03-22 11:00:02Cultura y ocio
O vindeiro domingo 31 de marzo, a partir das 09.30 horas, celebrarase no Concello de Cariño o "II Northwest Experience", un trail e andaina organizado polo Clube Ciclista Cariño, coa colaboración do Concello e a Deputación da Coruña e que percorrerá os lugares máis emblemáticos do Concello.
A proba divídese en 4 modalidades: un trail de 25 kilómetros, un minitrail de 14 e dúas andainas, unha de 18 e outra de 12 kilómetros.
Podes inscribirte e obter máis información na páxina web: www.northwestexperience.es