-
FULANO, MENGANO E CITANO: TOP MANTA2019-11-18 16:00:01Cultura y ocio
Domingo, 24 de novembro de 2019 - 19 horas - Auditorio Municipal
Elenco: Suso Pando, Marcos Alonso e Manuel Pombal
Dirección: Manuel Pombal
TOP MANTA, cóntanos unha serie de historias, actuais, cercanas e sorprendentes, nas que o humor se funde co teatro para crear un “coctel de sete estalos” que nos fará estoupar coa risa.
Divertidas imaxes de transición, intercalados ao longo de toda a peza van complementando as escenas, ao tempo que potencian o ritmo narrativo. As distintas historias que se presentan, ofrecen sorpresas continuas, que fan que os espectadores saian do teatro eufóricos, felices e con ganas de volver.
TOP MANTA, un espectáculo para rir e rir e rir
por non chorar, chorar, chorar…
de risa, claro.