• 2020-08-20 13:19:19
    Cultura y ocio

    Luns, 24 de agosto - 20.30 horas - Campín

    Entradas gratuítas en www.reservas.gal

    Actuación incluída na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

    FREEDOM:

    Once recoñecidos músicos e cantantes únense na primaveira de 2018 para render homenaxe á Raíña do Soul. A Banda "Freedom. The Very Best of Aretha Franklin", ofrece un espectáculo respetuoso, cheo de enerxía e sutileza, que evoca a estética e a forza da época na que Aretha Franklin consagrouse como Lady Soul.

    Cunha sólida execución musical e unha coidada posta en escena, a formación interpreta as cancións mais emblemáticas da artista: das mais bailables, como Respect ou Think, ás grandes baladas, como Natural Woman o Ain’t no way, xunta a unha selección de temas representativa da época na que Aretha consolidou a súa exitosa mestura de gospel, soul, funk ou blues.

    Noelia Santos é a cantante principal do grupo, que interpretará os grandes éxitos de Franklin con arreglos fieis ás versións orixinais.

    Irene Añón, Ángeles Dorrio e Sara Lorenzo son as coristas, que acompañarán as súas voces con coreografías.

    Pablo Añón, Nicolau Rodríguez e Santi González integran a sección de Ventos. Iago Mouriño é o pianista. Alber Grela, faise cargo da guitarra. Ao baixo atopamos a Octavio Vargas e Samuel Pérez é o batería.




    Adjuntos: