• 2021-04-28 16:53:20
    Cultura y ocio

    Sábado 8 de maio, a partir das 20 horas.

    Domingo 9 de maio, a partir das 19.30 horas.

    Auditorio Municipal. Entrada: 4,5 €

    Podes adquirir a túa entrada no LOCAL SOCIAL da CASA DO CONCELLO ata o sábado 8 pola mañá.

    Película non recomendada para menores de 7 anos.

    #CUÑADOSFILM 

    Tres motivos para que non a perdas:

    - A mellor estrea española de 2021.

    - O filme máis visto en Galicia durante a súa primeira semana en cinemas.

    - As risas están aseguradas da man dos #CUÑADOS Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey.

    Sinopse:

    CUÑADOS é unha comedia de enredo sobre as peripecias delictivas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado. Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos, MOITOS CUARTOS.

    Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e deixou tirados. Pode pasar calquera cousa, pero como diría Sabonis: MALO SERÁ!



    Adjuntos: