• 2021-05-05 13:59:16
    Info General

    Achegamos documento enviado dende a AXEGA cun resumo coas restriccións que afectan a Galicia.

    Normas xerais:

    - Peche perimetral de toda a Comunidade Autónoma.
    - Toque de queda entre as 23:00 e as 6:00 horas da mañan.

    O Concello de Cariño ten o nivel medio - baixo, coas seguintes medidas:

    a. Hostalería: aberta ata as 21:00 horas en terrazas cun aforo do 75% e no interior cun 50%.
    b. Restauración (con licencia): aberta ata as 23:00 horas, exclusivamente servizo de ceas, con cita previa, rexistro clientes e a partir das 00:00 horas do día 23 de abril, dispositivos control calidade do aire.
    c. Reunións: limitarase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro en espazos pechados, e de seis en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de convivintes. No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo destas será de catro ou seis persoas en función de si se reúnen en espazos pechados ou abertos. 
    d. Competicións deportivas con público, cines, teatros auditorios, congresos: O límite será de cincocentas persoas en lugares pechados e mil persoas para actividades ao aire libre, sen superar o 50% da capacidade permitida.
    e. Atraccións de feira: Capacidade máx. 1 pax por cada 3m2, ata un máximo de 500 pax para superficies iguales ou menores a 8.000m2. Superficies superiores a 8.000m2, o límite máximo será de 1.000 pax.
    f. Vehículos particulares: Permitido non conviventes. Uso obrigatorio máscara.
    g. Mobilidade: Entre tódolos concellos de Galicia salvo cos de RESTRICIÓN Máxima. (SALVO EXCEPCIÓNS).