• 2021-05-06 18:36:38
    Cultura y ocio

    Programa de actos preparado polo Concello de Cariño para conmemorar as Letras Galegas 2021, que neste ano homenaxean á escritora, poeta e traductora Xela Arias.


    - Sábado 15 de maio: RISAS NO SERÁN, con OSWALDO DIGÓN e ADRIÁN LEMA.

    20 horas - Auditorio Municipal - Entrada: 3€

    Dirixido a público adulto.


    - Luns 17 de maio: O EXÉRCITO DAS PAXARIÑAS, con SORAYA LEMA.

    19 horas - Auditorio Municipal - Entrada De Balde

    Para público familiar, a partir de 4 anos. Narración oral e música. 45 minutos.

    Na busca da Fraga das paxariñas faladoras, fábula creada por Xela Arias, dúas rapazas aventureiras atópanse co exército das paxariñas: a paxariña tradutora, a poeta, a música e a reivindicativa, todas elas forman a alma de Xela e todas falan moitas linguas mais hai unha lingua que as une a todas: a lingua galega.
    A través de fábulas e contos acompañados de música co acordeón, ukelele, tambor e a frauta van descubrindo a vida e obra da escritora, que este ano se lle adican as Letras Galegas 2021. Con este espectáculo de narración oral e música pretendemos que as nenas e os nenos coñezan o valor da poesía e a máxía das palabras da man de Xela. O exército das Paxariñas é un espectáculo de narración oral con música en directo acordeón, ukelele, tambor e frauta.


    - Sábado 22 de maio: TRES VELLAS (polo menos), con CELSO SANMARTÍN, QUICO CADAVAL e JOSÉ LUÍS GUTIÉRREZ "GUTI".

    20 horas - Auditorio Municipal - Entrada: 3€

    Para público adulto.

    Unha noite inesquecible de narración oral, un espectáculo de palabras cruzadas con tres dos mellores narradores da escea internacional.
    Cada noite é un espectáculo diferente, con vellas distintas, con interaccións diferentes, unha sensación única, efímera. Unha volta ao pasado, aos contos da lareira e as vellas, as nosas vellas, as vosas vellas, como protagonistas e heroínas nun fermoso espectáculo que ao rematar te deixa cun sonriso na boca, coa cabeciña pensando e lembrando e cunha sensación terapéutica do que é o teatro, un espazo de evasión ante o que estamos a vivir.


    ENTRADAS. Podes adquirir a túa entrada ou recoller a túa invitación (máximo dúas por persoa) no LOCAL SOCIAL da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2) ata o mesmo día da función pola mañá.



    Adjuntos: