• 2021-09-29 17:19:07
    Cultura y ocio

    Sábado 2 de outubro - Auditorio Municipal - 19.30 horas - Entrada de balde

    Programa financiado pola REDE CULTURAL da DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

    Podes recoller a túa invitación (máximo dúas por persoa) no LOCAL SOCIAL da CASA DO CONCELLO (Avda. da Paz, 2) ata o día da proxección pola mañá.

    Dirección: Jaione Camborda
    Elenco: Melania Cruz, Nagore Arias, Rosa Puga Dávila, Iria Parada, Tito Asorey, Mabel Rivera
    Duración: 76 minutos
    Maiores de 12 anos

    A vida de catro mulleres e unha nena que se ve alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Undeles foxe do outro, escondéndose polo pobo como un ser fuxidío, fantasmagórico e de dubidosa existencia. O outro, un home ferido e cunha arma, perturbará de diferentes formas o día a día das mulleres, nunha fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo, nunha historia impregnada de misterio.



    Adjuntos: