• 2021-10-18 11:00:00
    Cultura y ocio


    Sábado 23 de outubro - 19.30 horas - Auditorio Municipal - Entrada: 3€

    Podes adquirir a túa entrada no LOCAL SOCIAL da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2) ata o venres 22 ás 20 horas.

    Adultos - Comedia - 75'

    Ficha Artística:

    Elenco: Guillermo Carbajo, Sheyla Fariña, Laura Míguez, Fernando González
    Dirección e tradución: Alex Sampayo
    Texto: Jordi Casanovas

    Sinopse:

    Sheyla acaba de ser abandonada pola súa parella. Laura e Fer quérena animar para que aproveite a oportunidade e faga realidade os desexos que aparcara: escribir. Traerán a cear a Guillerme. El é o poeta capaz de namorar a calquera cuns breves versos. Pero a Guillerme non lle van satisfacer as conversas banais nin os frívolos momentos de distensión. Guillerme desexa algo máis. Sheyla, Laura e Fer son máis fráxiles do que cren, as súas vidas penden dun fío, afóganse na dúbida, algo que Guillerme non vai desaproveitar.

    Esta comedia estreada en Barcelona no 2010 recibiu o premio da crítica Serra D’or ao mellor texto teatral, o de mellor espectáculo nos premios Time Out no 2011, o premio Mi Butaquita de mellor obra no 2014 e estivo nomeada ao mellor texto catalán nos Premios Max do 2011.



    Adjuntos: