• 2021-11-15 11:00:00
    Cultura y ocio

    Sábado 20 de novembro, no Auditorio Municipal, a partir das 19.30 horas.

    Entrada de balde. Podes recoller o teu convite no LOCAL SOCIAL da CASA DO CONCELLO (Avda. da Paz, 2 - 981 420 206).

    Sinopse:

    Porque “non hai desgraza sen negocio nin mal que non beneficie a outro”, aquí está “O que hai que ver!!”, onde cousas veredes que non creredes.  

    Unha montaxe que, cunha moderada retranca, nos fará rir de nós e dos outros, do propio e do alleo, do ben e do mal, e é que ao final -como di unha canción do espectáculo-, “o yin e o yang, a man se dan”.

    As historias que contamos, non son moi diferentes das que nos toca vivir,  senón un reflexo da nosa contorna, de feitos cercanos e identificables. Iso si: contado e cantado dun xeito moi especial.  

    Para ben ou para mal, vivimos nunha época de acontecementos abraiantes, crises continuas, nun mundo tolo, onde está tolo ata o clima.  

    Con  “O que hai que ver!!”, Fulano Mengano e Citano tenta achegar o seu grao positivo e pórlle un algo de humor á vida, cun teatro en clave de comedia que nos surte de alegría, que nos anima a pensar, pero cun sorriso, ese xesto máxico que, sen dubida, boa falta fai neste tempo contra corrente que nos tocou vivir.  

    Alegría, humor, historias sorprendentes, teatro sen trucos e canción ao vivo, máis vivo que nunca:
                                                                                    
    “O que hai que ver!!”                                                                          
    Fulano Mengano e Citano



    Adjuntos: