• 2022-04-18 13:49:41
    Cultura y ocio

    Aberto ata o 20 de maio o prazo para realizar as inscricións para os CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2022 organizados pola DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

    O Concello de Cariño ten asignadas 3 prazas na cuarta quenda, do 17 ao 22 de xullo

    Terán lugar no IES Rosalía Mera da Coruña, dirixidos a rapaces/as de entre 9 e 14 anos xa cumplidos (nados entre o 1 de xaneiro de 2008 e 31 de decembro de 2013) e, neles, poderán desfrutar de deportes náuticos, actividades ao aire libre, xornada de praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográficas…

    A cuota de participación é de 85 euros, e inclúen o transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

    Podes inscribirte ou recibir máis información no Servizo de Deportes (Casa da Cultura) ou no teléfono 981 420 216.