• 2022-12-06 16:30:00
    Cultura y ocio

    Do 7 ao 22 de decembro de 2022

    Lugar: Local social da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2).
    Horario: De 10 a 13 e de 16 a 20 horas
    Exposición incluída no programa CIUDAD CIENCIA.

    A exposición LA ENERGÍA QUE NOS MUEVE. CIENCIA PARA UNA ENERGÍA MÁS LIMPIA, SOSTENIBLE Y ACCESIBLE, elaborada e producida polo CSIC no marco do Ano internacional da enerxía sostible para todos, ofrece unha perspectiva global sobre a situación enerxética mundial e as alternativas existentes encamiñadas a unha electricidade e un transporte máis limpos. Ademais, detense na situación concreta de España e inclúe consellos e medidas que os cidadáns e cidadás podemos realizar para contribuír ao cambio de modelo enerxético.

    A mostra, comisariada por Gregorio Marbán, do Instituto Nacional do Carbón do CSIC, está dirixida a toda a poboación, con especial atención aos novos estudantes dos distintos ciclos educativos de secundaria. Ademais, compleméntase con audio guías que resultan moi útiles para facer visitas guiadas e con unidades didácticas que profundan nos contidos e están adaptadas aos niveis educativos de secundaria e bacharelato.



    Adjuntos: