• 2023-07-08 13:08:31
    Deportes

    O sábado 19 de agosto de 2023,  a partir das 10:00 horas no paseo marítimo de Cariño vaise celebrar a "Carreira popular: Concello de Cariño", organizada polo servicio de deportes do Concello e que conta coa colaboración de Eroski city, Atmósfera sport, Arthros fisioterapia e a Deputación da Coruña.
    A saída e chegada será no paseo marítimo a altura da casa do concello, comezando polas categorías de adultos e, posteriormente, a partir das 11:00 h. celebranse as carreiras dos menores de idade.
    A inscrición é de balde, está aberta ata o mércores 16 de agosto de 2023 as 14:00 h. e realizase na web: cronotec.es, onde se poden consultar as distancias a recorrer por cada categoría, así como, o regulamento da proba. Non se permitirá a inscrición fora do prazo marcado, nin o día da carreira.
    Os dorsais  poderán  retirarse o venres 18 de agosto, de 11:30 a 13:30 na casa da cultura de Cariño, ou o mesmo sábado na casa do concello ata media hora antes da proba.