• 2024-05-13 10:40:22
    Info General


    CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA

    Pola presente, convócase a ASEMBLEA XERAL DA COM. DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE BOA de carácter ORDINARIO a celebrar o vindeiro día 29 de maio de 2024 (mércores), ás 20:30 horas en primeira convocatoria e inmediatamente despois e coa separación que marca a lexislación en segunda convocatoria, no Local Social de Boa sito en A Carreira, s/n., Boa; e de acordo á seguinte




    ORDE DO DÍA




    1ª.- LECTURA DA ACTA DA ANTERIOR SESIÓN DA ASEMBLEA XERAL.

    2ª.- APROBACIÓN DO ESTADO DE CONTAS DO ANO ANTERIOR.

    3ª.- RESUMO DE OBRAS REALIZADAS.

    4ª.- CONSULTA SOBRE A VENDA DO TRACTOR E CISTERNA.

    5ª.- XESTIÓNS CO CATASTRO.

    6ª.- ACTUACIÓN SOBRE AS ANTIGAS ARQUETAS DO RIAL.

    7ª.- ROGOS E PREGUNTAS.




    CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

    Pola presente, convócase a ASEMBLEA XERAL DA COM. DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE BOA de carácter EXTRAORDINARIO a celebrar o vindeiro día 29 de maio de 2024 (mércores), ás 22:00 horas en primeira convocatoria e inmediatamente despois e coa separación que marca a lexislación en segunda convocatoria, no Local Social de Boa sito en A Carreira, s/n., Boa; e de acordo á seguinte




    ORDE DO DÍA




    1ª.- CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS.

    2ª.- PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS.

    3ª.- VOTACIÓN.

    4ª.- COMPOSICIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA.




    NOTA: Recórdase aos comuneiros/as a obriga de asistir ás xuntas que celebre a Asemblea Xeral da Comunidade e a posibilidade de delegar a mesma en calquera membro da casa ou noutro comuneiro/a. Prégase dita asistencia.