• 2024-07-24 11:51:29
    Info General

    Os días 24, 25 e 26 de xullo celébranse as festas patronais do Santiago Apóstolo en Cortegada. Dado da necesidade de regular o tráfico, a Organización precisa que facer cortes en rúas. Por este motivo quedarán cortadas ao tráfico rodado as rúas que a continuación se indican, o que supón que; non poderán CIRCULAR nin ESTACIONAR vehículos os días 24, 25 e 26 de xullo, dende as 15:00 a 06:30 horas.

    Rúa Alférez Rivera Viso
    Tramo afectado dende cruce coa rúa Baño do Monte ao Xardín entronque Bouza Brey

    Recomendacións:
    • Facede as previsións oportunas para estes días e estes horarios.
    • Si tedes que viaxar deixade os coches fora dos garaxes en zonas habilitadas.

    O que se fai público para o coñecemento xeral.



    Adjuntos: