-
CAMPAÑA MERCANAVILA2025-10-09 11:48:22Info General
A Deputación da Coruña presenta a campaña MercaNaVila, unha iniciativa dirixida a fortalecer o pequeno comercio nos municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes, como o Concello de Fisterra.
Ten como obxectivo dinamizar o tecido comercial nas localidades máis pequenas, revitalizando os comercios que teñen dificultades para ser competitivos, se ben a beneficiaria é toda a veciñanza que poderá desfrutar dos descontos con independencia do lugar onde resida.
MercaNaVila permitirá ás persoas consumidoras acceder ata 100 euros en descontos directos, aplicables en establecementos adheridos, que variarán entre 5 e 15 euros por compra, dependendo do importe da mesma, o que supón un alivio para as persoas consumidoras e un impulso directo para os comercios locais.- Prazo de adhesión para comercios: desde o día 6 ao 20 de outubro de 2025 ás 9:00h.
- Prazo de descarga para clientes: desde o día 20 de outubro ás 09:00h. ao 20 de novembro ás 23:59 horas ou ata que se esgote o crédito dispoñible
Como se poden adherir os comercios e a clientela? Toda a información na ligazón: https://mercanavila.gal/